Patrocinadores

Empresas e entidades que fan posible a Noite Folk San Xurxo de Vea.

Adegas do Vea
Queres colaborar connosco?

Escolle a modalidade de patrocinio coa que queres apoiar a Noite Folk San Xurxo de Vea.

🤝 Tarrañola

< 50€
  • Agradecemento xeral na listaxe de colaboradores do festival

🥉 Pandeireta

50€
  • Logotipo no tríptico informativo do festival
  • Inclusión na pantalla dixital de publicidade do recinto
  • Mención con logotipo nunha publicación colectiva nas nosas Redes Sociais

🥈 Pandeiro

150€
  • Presenza nas lonas publicitarias do pórtico de entrada ao recinto
  • Logotipo destacado (formato máis grande) no tríptico informativo
  • Publicación individual nas nosas Redes Sociais (ocupando media pantalla)
  • Inclusión na pantalla dixital de publicidade do recinto
  • Inclusión do seu logotipo no spot publicitario do festival que se proxectará nos Minicines Central

🥇 Gaita

300€
  • Logotipo no cartel oficial do festival
  • Formato de publicidade especial e preferente en todo o recinto
  • Logotipo en tamaño xigante no tríptico informativo
  • Publicación individual e exclusiva do seu logotipo a pantalla completa nas nosas Redes Sociais
  • Inclusión destacada na pantalla dixital de publicidade do recinto
  • Inclusión do seu logotipo no spot publicitario do festival que se proxectará nos Minicines Central

Grazas por facelo posible

Información fiscal

Asociación Cultural San Xurxo de Vea está acollida ao réxime fiscal especial establecido na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

A organización porá á súa disposición o correspondente certificado de doazón co fin de que poidan acollerse ás desgravacións fiscais por gastos de patrocinio e colaboración previstas pola lei.

Transferencia bancaria

  • Titular: Asociación Cultural San Xurxo de Vea
  • Entidade bancaria: Banco Santander S.A.
  • Concepto: Nome da empresa
  • IBAN: ES22 0049 7953 6520 1000 2426

Asociación Cultural San Xurxo de Vea · C.I.F. G94154119
Lg. O Casal 23, San Xurxo de Vea, 36683 A Estrada (Pontevedra)
noitefolk@gmail.com